miércoles, 29 de abril de 2020

REMATAMOS !!!



.

Un ano máis "AFONSA sen FUME" remata a súa actividade dentro do Plan Proxecta "CLASES SEN FUME".
O máis importante é que todos aprendemos moito sobre o tabaco,e pedimos... que non nos boten o fume!!!
Grazas a todos/as os que fixeron posible  desenvolver o noso Proxecto e parabéns ao noso alumnado que se se implicou e cumpriu os compromisos acadados.
Afonsa sen Fume despídese ata o próximo curso.
Bo verán........ sen fumes!!!!!
"FELICES VACACIOIS

ACTIVIDADES CREATIVAS "CLASES SEN FUME" 2019-2020

                                            ACTIVIDADES CREATIVAS 2019-2020

1º ESO-KAHOOT:QUE SABES DO TABACO?
 Para acceder pincha AQUÍ

2º ESO-VÍDEO: FONTEM SEN FUME.TV.
 Para acceder pincha AQUÍ

martes, 28 de abril de 2020

Cuestionario sobre o tabaco en Kahoot!. Actividade creativa 1º ESO


O alumnado de 1º ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei, dentro do Proxecta Clases sen Fume 19-20, elixiu como actividade creativa  a elaboración dun pequeno test sobre coñecementos sobre o tabaco. Para iso consideraron usar a plataforma Kahoot!. 

Poñémosvos aqui os pasos a seguir para comprobar os vosos coñecementos sobre este tema:

1. O director do xogo (que non vai facer o test) debe pulsar na seguinte ligazón para ir ao Kahoot!



2. No seguinte paso  debe elixir o modo  CLASSIC 



3. A aplicación danos un código numérico. O director debe proporcionar dito código aos partipantes no Kahoot!, para que o introduzan ben na app mobil, ou na propia web (kahoot.it).

Exemplo de código

4. Comeza o concurso!!


Aqui podemos ver algunhas das preguntas:



miércoles, 25 de marzo de 2020

Fontem sen Fume TV -ACTIVIDADE CREATIVA 2º ESO.

O alumnado de 2º de ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei, dentro do Proxecta Clases sen Fume 2019 - 2020, decidiu facer un programa informativo como actividade creativa.

Todo o grupo fixo un gran traballo de investigación para as distintas reportaxes que compoñen este noticieiro.

Debido a suspensión das clases pola crise do coronavirus, os rapaces e rapazas víronse obrigados a tirar de enxeño para a realización das entrevistas, e fixeron un magnífico traballo!!
Esperamos que vos guste o programa!! E quen sabe.... igual facemos outro.....