miércoles, 17 de diciembre de 2014

ALUMNOS 2º ESO -CURSO 2014/15

Ola! De novo estamos en CLASES SEN FUME.
Neste curso estamos dispostos como sempre, a traballar moito . Esperamos ter sorte e acadar algún dos premios.
A ilusión e o traballo non nos faltan.
Imos facer cousas moi interesantes, polo que estade pendentes de Afonsasenfume.

PLAN PROXECTA-CLASES SEN FUME-CURSO 2014/2015

miércoles, 26 de junio de 2013

Rematamos... ata o próximo curso! Bo verán

Pretendemos amosar o traballo realizado polo alumnado de 1º Ciclo da E.S.O no curso 2012-13 dentro do Plan Proxecta "Clases sen Fume" e que esperamos continuar no vindeiro curso. Estamos orgullosos das tarefas que fixeron os nosos alumnos ,do seu compromiso polo traballo ben feito e en equipo....!!! Ao alumnado de 2º que participou durante os dous cursos,parabéns e a seguir loitando por unha vida sen fume.Aos de 1º esperamos seguir a traballar no vindeiro curso. NORABOA!!! Bo verán...sen afumarse!

jueves, 20 de junio de 2013

Fotos dos alumnos de 1º ESO.


Letra de " NÓS FUMANDO NON" 1º E.S.O

Aquí tedes a letra da canción de Nós fumando non do vídeo que fixeron os alumnos e alumnas de 1º da E.S.O.

NÓS FUMANDO NON...!!

En clases sen fume, preparando e informando
Que a nicotina é ante todo una ruína
Fastidia un montón, escaralla os pulmóns
Eu fumar, non quero probar

  • Eu sei que facer!
Queren que fume un pitillo”
  • Eu sei que facer,
Dinme que non hai perigo”
  • Eu sei que facer,
Non quero parecer un figo”
  • Eu sei que facer, Eu sei que facer,

E o tabaco xa cho subiron
E a min que, sen adición
Pois me explicaron que éche moi malo
E a min que!, e a min que!
de tabaco non quero morrer.

Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
nós fumando non
tabaco non che hai trato
non, non, non, non

O tabaco é unha merda, trampa para parvos
Cancro, toses e outros males e nos quedamos sen cartos
Non quero ningún ligue que me afume e contamine
Para que quero fumar?

  • Eu sei que facer,
Queren que fume un pitillo”
  • Eu sei que facer,
Dinme que non hai perigo”
  • Eu sei que facer,
Que controlas, non engancha, mola un pixo”
  • Eu sei que facer, eu sei que facer,

E o tabaco xa cho subiron
E a min que, sen adición
Pois me explicaron que éche moi malo
E a min que!, e a min que!
de tabaco non quero morrer.

Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
eu non vou fumar
tabaco non che hai trato

Veña xa, nese clube non quero entrar
Todos xuntos loitaremos contra ese mal
Veña xa,
Imos disfrutar
Cantaremos, bailaremos pero sen fumar .

Nós fumando non
Nós fumando non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
eu non vou fumar
tabaco non che hai trato
non, non, non, non
Nós fumando non,
nós tabaco non


KARAOKE 1º ESO-A
IES PLURILÍNGÜE FONTEM ALBEI
A FONSAGRADA (LUGO) CURSO 2012-13
KARAOKE: Nós fumando non…!!!

Letra orixinal do alumnado de 1º ESO-A partindo da versión de GANGNAM STYLE que crearon e adaptaron tendo en conta os contidos traballados en Clases sen Fume.