martes, 26 de abril de 2016
MEMORIA ACTIVIDADE CREATIVA(VÍDEOS) DE 1º e 2º da ESO
ACTIVIDADE CREATIVA DO IESP FONTEM ALBEI-
PARA “CLASES SEN FUME” CURSO 2015/16
Neste curso decidimos facer as actividades creativas lúdicas e participativas onde o alumnado xogou un papel fundamental.
Tanto en 1º da ESO como en 2º ESO o alumnado foi o protagonista principal.
O alumnado de 1º da ESO titorizado por Mª José Pérez González traballou partindo da canción “Love yourself “ (Ámate a ti mesmo) de Justin Bieber. Todos os alumnos e alumnas traballaron na adaptación da letra desta canción á temática de Clases sen Fume. Os alumnos escolleron esta canción porque está de plena actualidade e polo significado do seu título.
Supuxo unha experiencia moi gratificante e desde a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual traballáronse as competencias básicas.
A maior parte das imaxes do video xogan con distintos efectos visuais, creando a sensación de maxia. Xogamos coa perspectiva, facemos desaparicións e substitucións , empregamos incluso o stop motion e aplicacións de teléfonos móbiles que nos permiten introducir elementos externos nas nosas imaxes como é o caso do esqueleto. Todo isto co obxectivo de transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de tabaco, substituíndoo por cousas máis sanas e saudables.
O alumnado participou activamente na elaboración de videos propios individualmente e videos colectivos, deseñando e ensaiando as coreografías que conformaron o video definitivo. Parte do alumnado participou na edición final da montaxe. Entre todo o alumnado participante consensuouse cada un dos pasos desenvoltos neste proxecto.
Guiados pola súa profesora e coa colaboración do resto do profesorado implicado no Proxecto Clases sen Fume foron capaces de crear a súa actividade coa que se senten moi satisfeitos e coa que aprenderon, imaxinaron, se coordinaron e cooperaron e o máis importante de todo, se divertiron. Debemos advertir que a letra é moi pegadiza e que se se escoita máis dunha vez, pódese chegar a tararear “Será por ti, por mí, déjalo ya...” Desexamos que gostedes dela tanto ou máis do que nós desfrutamos ao facela.
O alumnado de 2º da ESO titorizado por Gloria Fernández Blanco traballaron a parte teórica e ensaios na materia de Educación para a Cidadanía .
Pediuselle a colaboración á profesora de Música, Marta Varela Mosquera ,que lles axudou a crear a letra do Rap en Castelán,Galego,Francés e Inglés.
Agradecémosllo de forma especial porque cando ela chegou ao centro xa non poido formar parte do grupo de traballo do Plan Proxecta ,pero con só comentarllo colaborou de forma desinteresada .
Como experta en Música a súa aportación foi inestimable.
A montaxe do video foi feita polo noso alumno Naor García Morán no que amosa un bo dominio das TICs.
Parabéns a todo noso alumnado pola súa participación responsable ,traballo e bo facer
Esta actividade posibilitou o traballo das competencias básicas e a interdisciplinariedade entre as materias.
Alumnado e profesorado aprendemos e sobre disfrutamos.
Aprendemos divertíndonos.
Ao alumnado ,a experiencia, resultoulles´moi atractiva e motivadora implicándose a fondo no traballo.
Todas e todos traballaron esforzándose para facer as cousas ben!!!
MORALEXA:
“O TABACO DEIXAO RODAR
A VIDA É PARA DISTRUTAR !!! “
A Fonsagrada abril 2015.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario