Héctor:
Aprendín que o tabaco é malo e se non fumamos aforramos moitos cartos e saúde.
Alejo:
Foron actividades moi interesantes. Aprendemos sobre a saúde con actividades divertidas.
Jónathan:
Gustoume participar os dous anos en Clases sen Fume. O primeiro moito máis porque tivemos un premio e fomos ao parque acuático de Cerceda.
María:
Disfrutei a experiencia de Clases sen Fume polo premio do primeiro ano e polas charlas sobre os produtos tóxicos do tabaco.
J.Luis:
Gustoume moito polas cousas que aprendín e dinme conta que fumar é malo e sobretodo sendo tan novos.
Jorge:
Agora sei que o tabaco é malo grazas a Clases sen Fume. Que o tabaco pon en risco a saúde.
Ana:
Estes dous anos traballando en Clases sen Fume tiven unha grata experiencia: Ver a todos os meus compañeiros traballar en equipo e esforzarse uns por outros.
David:
Gustaronme moito estas actividades e grazas a isto aprendín os perxuizos do tabaco pola substancias das que está composto.
Álvaro:
Gustoume porque aprendemos os perigos que conleva fumar e as enfermidades que provocan.
Eduardo:
Gustoume moito porque aprendemos como poder deixar de fumar. Os apoios que podemos buscar. Ademais a importancia de que a familia non fume, podendo conseguir premios en Fogares sen Fume.O meu Fogar sen Fume obtivo PREMIO.
Andrea Llano:
Gustoume moito esta actividade porque agora sei o malo do tabaco.
Vanja:
Nestes dous anos aprendemos cousas moi importantes que nos axudaron a tomar conciencia sobre os perigos do tabaco.
Andrea Robledo:
Clases sen Fume pareceume un proxecto moi importante no que poden colaborar todo tipo de persoas e posibilita a deshabituación do tabaco a moitas persoas.
Jónatan:
Gustoume porque aprendín bastantes cousas do problema que ten fumar e axuda a reflexionar sobre as consecuencias que conleva fumar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario