domingo, 9 de junio de 2013

DESCRICIÓN DO TRABALLO REALIZADO.

Aínda que neste curso non tivemos a sorte de acadar premio,sentímonos moi orgullosos do noso traballo. Poidemos asumir e compartir responsabilidades,esforzos... pero sobre todo foi moi alto o grao de implicación no desenvolvemento das tarefas e a motivación que tiñamos para facer as cousas o mellor posible. Sentímonos polo tanto´, preparados para enfrentarnos ao reto de dicir: "NON AO TABACO" sabemos ben que é doado ENTRAR pero díficil SAÍR . Empezamos a traballar en 2º da E.S.O no mes de Outubro dentro das horas de TITORÍA e de EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA pois xa participaramos no programa en 1º da E.S.O.Máis tarde sumáronse os alumnos de 1º da E.S.O traballando nas horas de PLÁSTICA e VISUAL e CIENCIAS SOCIAIS e algunhas do PROXECTO INTERDISCIPLINAR. CLASES SEN FUME é tamén un concurso que consiste en elaborar dous traballos que se deben realizar e presentar dentro dos tempos asinados.Neste curso foron: No mes de NOVEMBRO cubrimos os cuestionarios e as fichas de compromiso da aula. -CARTEIS: Traballo individual e logo eliximos un deles que representou á clase.Este ano eleximos o da nosa compañeira ANDREA ROBLEDO ÁLVAREZ (2ºcurso) e PABLO MARCOS COUSO (1ºcurso).O PRAZO era do 5 de novembro ata o 23 de xaneiro.Ao mesmo tempo fomos traballando as actividades facilitadas na páxina web do programa.http://www.galiciasaude.es/clasessenfume ou http://www.sergas.es/clasessenfume. -ACTIVIDADE CREATIVA:O prazo marcado foi desde 23 de xaneiro ata 23 de abril. O curso de 1º decidiu crear a letra e facer un karaoke imitando a GANGNAM STYLE tendo en conta os contidos traballados nas Unidades Didácticas.Presentamos un vídeo coa actividade. O Curso de 2º seguimos a traballar na idea de achegar a información a todo o centro partindo do logo da BIBLIOTECA "Afonsa le e conta"e nós partimos do lema "Afonsa non fuma" resultou moi interesante e creativo.Presentamos un cómic cos lemas correspondentes. Da parte técnica encargáronse os profesores GABINO GONZÁLEZ VEGA e MIGUEL ÁNGEL CARRICOBA ARMESTO. Ao final 3o de abril rematou o compromiso de NON FUMAR e remitiron as fichas da avaliación as TITORAS. Tamén participamos a maioría, en FOGARES SEN FUME ,aquí tivemos máis sorte e tivo PREMIO o fogar do compañeiro de 1ºE.S.O KOCH ROSSEL ÁLEX ALEIXO .NORABOA!Esperamos volver a participar no vindeiro curso...!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario