O alumnado de 1º da ESO traballou no deseño, creación e
posterior montaxe dun vídeo onde se pon en valor o tempo non
malgastado no tabaco.
A maior parte das imaxes do vídeo xogan con distintos ambientes e
situacións, creando a sensación de maxia. Todo isto co obxectivo de
transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de
tabaco, substituíndoo por situacións máis saudables.
Debemos advertir que non será un vídeo que teña moitos efectos
especiais ou protagonistas de recoñecida fama nacional ou mundial
pero seguro que ten ese toque de maxia que fará que sexa moito máis
doado conseguir un mundo con menos fumes.
Desexamos que gostedes del tanto ou máis do que nós desfrutamos ao
facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario