XORNADA DE FORMACIÓN
O Martes 9 tivemos a visita da nosa Coordinadora Provincial Esperanza e dun futuro nutricionista Orión, xornada moi amena onde aprendemos os efectos perxudiciais do tabaco e a repercusión que exerce sobre as persoas e a súa saúde.
Para comezar as xornadas fixemos cooximetrías, son probas que serven para detectar a pérdida na capacidade de oxixenación da hemoglobina mediante o nivel de monóxido de carbono (CO) no aire espirado.
Logo falamos de nutrición con Orión, que nos explicou de forma clara e amena a necesidade dunha boa alimentación para que o noso organismo funcione ben. Fixo moito fincapé na necesidade de almorzar ben e evitar comer produtos procesados polo seu alto contido en azucre.
Moitas grazas os dous !!!
Atentos ás explicacións
Comezan as cooximetrías, a primeira é Anaís e logo pasaremos a Ana.
Turno dos rapaces, os voluntarios deste ano foron Brais, Manuel e Íker
Tocou falar de alimentación. Coidado co azucre!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario