jueves, 28 de abril de 2016

REMATAMOS......UN ANO MÁIS!!!!


Un ano máis "AFONSA sen FUME" remata a súa actividade dentro do Plan Proxecta "CLASES SEN FUME".
Neste curso a música foi o fío condutor das nosas actividades creativas.
Aprendemos disfrutando e imos botar a faltar os ensaios!!!
Desexamos un ano máis que vos gustaran .
Grazas a todos /as os que fixeron posible  desenvolver o noso  Proxecto.
Parabéns ao noso alumnado que se se implicou e cumpriu os compromisos acadados.
Afonsa sen Fume despídese ata o próximo curso que esperamos xa con novas ideas.
Bo verán sen fumes!!!!!

SAÍMOS NO PROGRESO

Grazas por poñer en valor o traballo do noso alumnado de 1º e 2º da ESO. Unha vez máis faceis visible o traballo no eido da Educación . Si queredes ver a noticia pinchade aquí

XORNADA DE INFORMACÍÓN-FORMACIÓN POR ESPERANZA E OLGA

Hoxe tívemos a visita da nosa Coordinadora Provincial Esperanza que realizou as coximetrias e como sempre ,fixo unha xornada amena e interesante.
Ademais visitounos Olga , que como Nutricionista,  explicou de forma clara e amena a necesidade dunha boa alimentación para ter boa saúde.
Fixo moito fincapé na necesidade de almorzar ben pola súa influencia no rendemento físico e intelectual.
Moitas grazas as dúas  polo seu  bo facer!!!
Aquí quedan algunhas imaxes da xornada:

Atentos e expectantes

Tamara voluntaria para facer a coximetrìa.....Parabéns!!!


Parabéns a Roberto !!! Tamén voluntario.

Un voluntario máis....Martín!!!



Moi atentos ás explicacións de Olga
Uxía voluntaria!!! Como sempre valente....

Vese que resultou moi interesante....Silencio total!!!!

"Ámate a ti mismo".Versionando a Justin Bieber

O alumnado de 1º da E.S.O. fixemos unha versión da canción "Love yourself" de Justin Bieber e chamámoslle "Ámate a ti mismo".
No video clip que fixemos xogamos cos efectos visuais para crear a sensación de maxia coa que transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo do tabaco. Desexamos que vos guste!!




miércoles, 27 de abril de 2016

Fonseando, non fumando. Alumnado de 2º da E.S.O.

O alumnado de 2º da E.S.O. despois do último ensaio xeral, fomos quen de rodar e montar o video clip do noso rap "Fonseando, non fumando", no que puxemos todo noso flow en 4 idiomas diferentes. Aquí está o noso video.




 

martes, 26 de abril de 2016

MEMORIA ACTIVIDADE CREATIVA(VÍDEOS) DE 1º e 2º da ESO

ACTIVIDADE CREATIVA DO IESP FONTEM ALBEI- PARA “CLASES SEN FUME” CURSO 2015/16 Neste curso decidimos facer as actividades creativas lúdicas e participativas onde o alumnado xogou un papel fundamental. Tanto en 1º da ESO como en 2º ESO o alumnado foi o protagonista principal. O alumnado de 1º da ESO titorizado por Mª José Pérez González traballou partindo da canción “Love yourself “ (Ámate a ti mesmo) de Justin Bieber. Todos os alumnos e alumnas traballaron na adaptación da letra desta canción á temática de Clases sen Fume. Os alumnos escolleron esta canción porque está de plena actualidade e polo significado do seu título. Supuxo unha experiencia moi gratificante e desde a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual traballáronse as competencias básicas. A maior parte das imaxes do video xogan con distintos efectos visuais, creando a sensación de maxia. Xogamos coa perspectiva, facemos desaparicións e substitucións , empregamos incluso o stop motion e aplicacións de teléfonos móbiles que nos permiten introducir elementos externos nas nosas imaxes como é o caso do esqueleto. Todo isto co obxectivo de transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de tabaco, substituíndoo por cousas máis sanas e saudables. O alumnado participou activamente na elaboración de videos propios individualmente e videos colectivos, deseñando e ensaiando as coreografías que conformaron o video definitivo. Parte do alumnado participou na edición final da montaxe. Entre todo o alumnado participante consensuouse cada un dos pasos desenvoltos neste proxecto. Guiados pola súa profesora e coa colaboración do resto do profesorado implicado no Proxecto Clases sen Fume foron capaces de crear a súa actividade coa que se senten moi satisfeitos e coa que aprenderon, imaxinaron, se coordinaron e cooperaron e o máis importante de todo, se divertiron. Debemos advertir que a letra é moi pegadiza e que se se escoita máis dunha vez, pódese chegar a tararear “Será por ti, por mí, déjalo ya...” Desexamos que gostedes dela tanto ou máis do que nós desfrutamos ao facela. O alumnado de 2º da ESO titorizado por Gloria Fernández Blanco traballaron a parte teórica e ensaios na materia de Educación para a Cidadanía . Pediuselle a colaboración á profesora de Música, Marta Varela Mosquera ,que lles axudou a crear a letra do Rap en Castelán,Galego,Francés e Inglés. Agradecémosllo de forma especial porque cando ela chegou ao centro xa non poido formar parte do grupo de traballo do Plan Proxecta ,pero con só comentarllo colaborou de forma desinteresada . Como experta en Música a súa aportación foi inestimable. A montaxe do video foi feita polo noso alumno Naor García Morán no que amosa un bo dominio das TICs. Parabéns a todo noso alumnado pola súa participación responsable ,traballo e bo facer Esta actividade posibilitou o traballo das competencias básicas e a interdisciplinariedade entre as materias. Alumnado e profesorado aprendemos e sobre disfrutamos. Aprendemos divertíndonos. Ao alumnado ,a experiencia, resultoulles´moi atractiva e motivadora implicándose a fondo no traballo. Todas e todos traballaron esforzándose para facer as cousas ben!!! MORALEXA: “O TABACO DEIXAO RODAR A VIDA É PARA DISTRUTAR !!! “ A Fonsagrada abril 2015.

viernes, 8 de abril de 2016

ALUMNOS 2º ESO ENSAIANDO A ACTIVIDADE CREATIVA.

ORGANIZACIÓN!!!!

O RAP RESÍSTESE.....BAILAR E CANTAR E OUTRA HISTORIA!!!!

OS RAPACES TOMANDO  FOLGOS

CANSADAS!!!! REPETIMOS....