miércoles, 26 de junio de 2013

Rematamos... ata o próximo curso! Bo verán

Pretendemos amosar o traballo realizado polo alumnado de 1º Ciclo da E.S.O no curso 2012-13 dentro do Plan Proxecta "Clases sen Fume" e que esperamos continuar no vindeiro curso. Estamos orgullosos das tarefas que fixeron os nosos alumnos ,do seu compromiso polo traballo ben feito e en equipo....!!! Ao alumnado de 2º que participou durante os dous cursos,parabéns e a seguir loitando por unha vida sen fume.Aos de 1º esperamos seguir a traballar no vindeiro curso. NORABOA!!! Bo verán...sen afumarse!

jueves, 20 de junio de 2013

Fotos dos alumnos de 1º ESO.


Letra de " NÓS FUMANDO NON" 1º E.S.O

Aquí tedes a letra da canción de Nós fumando non do vídeo que fixeron os alumnos e alumnas de 1º da E.S.O.

NÓS FUMANDO NON...!!

En clases sen fume, preparando e informando
Que a nicotina é ante todo una ruína
Fastidia un montón, escaralla os pulmóns
Eu fumar, non quero probar

  • Eu sei que facer!
Queren que fume un pitillo”
  • Eu sei que facer,
Dinme que non hai perigo”
  • Eu sei que facer,
Non quero parecer un figo”
  • Eu sei que facer, Eu sei que facer,

E o tabaco xa cho subiron
E a min que, sen adición
Pois me explicaron que éche moi malo
E a min que!, e a min que!
de tabaco non quero morrer.

Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
nós fumando non
tabaco non che hai trato
non, non, non, non

O tabaco é unha merda, trampa para parvos
Cancro, toses e outros males e nos quedamos sen cartos
Non quero ningún ligue que me afume e contamine
Para que quero fumar?

  • Eu sei que facer,
Queren que fume un pitillo”
  • Eu sei que facer,
Dinme que non hai perigo”
  • Eu sei que facer,
Que controlas, non engancha, mola un pixo”
  • Eu sei que facer, eu sei que facer,

E o tabaco xa cho subiron
E a min que, sen adición
Pois me explicaron que éche moi malo
E a min que!, e a min que!
de tabaco non quero morrer.

Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Nós fumando non, tabaco non
Non, non, non, non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
eu non vou fumar
tabaco non che hai trato

Veña xa, nese clube non quero entrar
Todos xuntos loitaremos contra ese mal
Veña xa,
Imos disfrutar
Cantaremos, bailaremos pero sen fumar .

Nós fumando non
Nós fumando non
Tabaco, non che hai trato
non, non, non, non
eu non vou fumar
tabaco non che hai trato
non, non, non, non
Nós fumando non,
nós tabaco non


KARAOKE 1º ESO-A
IES PLURILÍNGÜE FONTEM ALBEI
A FONSAGRADA (LUGO) CURSO 2012-13
KARAOKE: Nós fumando non…!!!

Letra orixinal do alumnado de 1º ESO-A partindo da versión de GANGNAM STYLE que crearon e adaptaron tendo en conta os contidos traballados en Clases sen Fume.

Nós fumando non!

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron un video-karaoke coa música do grande éxito Gangna Style.
Fixeron a letra para concienciar dos males que provoca fumar e o tabaco.
Parabéns para os artistas!



Aportacións do alumnado 2º ESO A

Héctor:
Aprendín que o tabaco é malo e se non fumamos aforramos moitos cartos e saúde.

Alejo:
Foron actividades moi interesantes. Aprendemos sobre a saúde con actividades divertidas.

Jónathan:
Gustoume participar os dous anos en Clases sen Fume. O primeiro moito máis porque tivemos un premio e fomos ao parque acuático de Cerceda.

María:
Disfrutei a experiencia de Clases sen Fume polo premio do primeiro ano e polas charlas sobre os produtos tóxicos do tabaco.

J.Luis:
Gustoume moito polas cousas que aprendín e dinme conta que fumar é malo e sobretodo sendo tan novos.

Jorge:
Agora sei que o tabaco é malo grazas a Clases sen Fume. Que o tabaco pon en risco a saúde.

Ana:
Estes dous anos traballando en Clases sen Fume tiven unha grata experiencia: Ver a todos os meus compañeiros traballar en equipo e esforzarse uns por outros.

David:
Gustaronme moito estas actividades e grazas a isto aprendín os perxuizos do tabaco pola substancias das que está composto.

Álvaro:
Gustoume porque aprendemos os perigos que conleva fumar e as enfermidades que provocan.

Eduardo:
Gustoume moito porque aprendemos como poder deixar de fumar. Os apoios que podemos buscar. Ademais a importancia de que a familia non fume, podendo conseguir premios en Fogares sen Fume.O meu Fogar sen Fume obtivo PREMIO.

Andrea Llano:
Gustoume  moito esta actividade porque agora sei o malo do tabaco.

Vanja:
Nestes dous anos aprendemos cousas moi importantes que nos axudaron a tomar conciencia sobre os perigos do tabaco.

Andrea Robledo:
Clases sen Fume pareceume un proxecto moi importante no que poden colaborar todo tipo de persoas e posibilita a deshabituación do tabaco a moitas persoas.

Jónatan:
Gustoume porque aprendín bastantes cousas do problema que ten fumar e axuda a reflexionar sobre as consecuencias que conleva  fumar.

miércoles, 19 de junio de 2013

lunes, 17 de junio de 2013

martes, 11 de junio de 2013

Fogares sen fume

Unha  parte importante no programa de Clases sen Fume é o apoio desde a casa. E aí está Fogares sen Fume. Desta vez resultou gañador do Fogar sen Fume o dos nosos alumnos Alex Aleixo Koch Rossel e Eduardo García Ruíz.
Aquí tedes a foto do momento da comunicación e entrega do premio.


Carteis gañadores de aula de Clase sen Fume

En 1º e 2º da ESO os alumnos fixeron carteis con lemas para concienciar dos perxuizos do tabaco e o malo que é fumar.
En 1º da ESO de entre todos os traballos resultou elexido o de Pablo Marcos Couso, e en 2º da E.S.O. a elexida foi Andrea Robledo.
Foi unha difícil elección xa que todos os traballos foron de gran calidade.

Pablo Marcos Couso 1º E.S.O.

Andrea Robledo 2º E.S.O.





domingo, 9 de junio de 2013

DESCRICIÓN DO TRABALLO REALIZADO.

Aínda que neste curso non tivemos a sorte de acadar premio,sentímonos moi orgullosos do noso traballo. Poidemos asumir e compartir responsabilidades,esforzos... pero sobre todo foi moi alto o grao de implicación no desenvolvemento das tarefas e a motivación que tiñamos para facer as cousas o mellor posible. Sentímonos polo tanto´, preparados para enfrentarnos ao reto de dicir: "NON AO TABACO" sabemos ben que é doado ENTRAR pero díficil SAÍR . Empezamos a traballar en 2º da E.S.O no mes de Outubro dentro das horas de TITORÍA e de EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA pois xa participaramos no programa en 1º da E.S.O.Máis tarde sumáronse os alumnos de 1º da E.S.O traballando nas horas de PLÁSTICA e VISUAL e CIENCIAS SOCIAIS e algunhas do PROXECTO INTERDISCIPLINAR. CLASES SEN FUME é tamén un concurso que consiste en elaborar dous traballos que se deben realizar e presentar dentro dos tempos asinados.Neste curso foron: No mes de NOVEMBRO cubrimos os cuestionarios e as fichas de compromiso da aula. -CARTEIS: Traballo individual e logo eliximos un deles que representou á clase.Este ano eleximos o da nosa compañeira ANDREA ROBLEDO ÁLVAREZ (2ºcurso) e PABLO MARCOS COUSO (1ºcurso).O PRAZO era do 5 de novembro ata o 23 de xaneiro.Ao mesmo tempo fomos traballando as actividades facilitadas na páxina web do programa.http://www.galiciasaude.es/clasessenfume ou http://www.sergas.es/clasessenfume. -ACTIVIDADE CREATIVA:O prazo marcado foi desde 23 de xaneiro ata 23 de abril. O curso de 1º decidiu crear a letra e facer un karaoke imitando a GANGNAM STYLE tendo en conta os contidos traballados nas Unidades Didácticas.Presentamos un vídeo coa actividade. O Curso de 2º seguimos a traballar na idea de achegar a información a todo o centro partindo do logo da BIBLIOTECA "Afonsa le e conta"e nós partimos do lema "Afonsa non fuma" resultou moi interesante e creativo.Presentamos un cómic cos lemas correspondentes. Da parte técnica encargáronse os profesores GABINO GONZÁLEZ VEGA e MIGUEL ÁNGEL CARRICOBA ARMESTO. Ao final 3o de abril rematou o compromiso de NON FUMAR e remitiron as fichas da avaliación as TITORAS. Tamén participamos a maioría, en FOGARES SEN FUME ,aquí tivemos máis sorte e tivo PREMIO o fogar do compañeiro de 1ºE.S.O KOCH ROSSEL ÁLEX ALEIXO .NORABOA!Esperamos volver a participar no vindeiro curso...!!!

Profesorado e alumnado participante en"CLASES SEN FUME 2012-13"dentro do PLAN PROXECTA.

PROFESORADO PARTICIPANTE EN “CLASES SEN FUME” Coorinadora:Gloria Fernández Blanco. -Paula Alvite Alvite -Miguel Ángel Carricoba Armesto -Gloria Fernández Blanco. -Alejandro Daniel Fernández López -Gabino González Vega -Patricia Muñoz Ayala-Sánchez -Delia Remedios Polo Losada -José Ramón Leiva Arrojo Alumnado 1º da E.S.O Alcéquiez Jimenez Guillermo Álvarez Álvarez Adrián Álvarez Sierra Jacobo Alves Valea Laura María Castelao Niño Manuel Cruz Rodríguez David Díaz Barro Alba Enríquez Álvarez Víctor Fernández Arias Mª Gloria Fernández Villabrille Claudia García López Alba Guerra Suárez Alberto Kock Rossel Alex Aleixo López López Rocío Marcos Couso Pablo Monteserín Rancaño Diego Pérez López Jorge Rodríguez Fernández Daniel Rodríguez López Hugo Suárez Fernández Osvaldo Terrero Santos Jenifer Michel Vilabrille Rodil Clara Alumnado 2º da E.S.O Álvarez Fernández Héctor Asumo Obono Alejo Cancio Rodríguez Jónathan Castro Fernández María Couso Fernández José Luís Fernández Cancio Jorge Fernández Fernández Ana Fernández Freijo David García Álvarez Álvaro García Ruíz Eduardo Llano Marco Andrea Perona Bizk Vanja Robledo Álvarez Andrea Rodríguez Fernández Jónatan

miércoles, 5 de junio de 2013

Estamos de estrea

Hoxe empezamos a pulicar no blog de Clases sen Fume os traballos que realizamos durante o presente curso académico 2012/2013.
Non o fixemos antes porque a normativa do concurso non permitía publicitar os traballos antes da resolución do concurso.
Ainda que non foi publicado temos recollido todo o proceso de elaboración dos mesmos, e pouco a pouco iremolos publicando.
Permanecede atentos!