martes, 9 de abril de 2019

Xornada de Información/Formación

Hoxe tivemos a visita da nosa Coordinadora Provincial Esperanza que realizou as cooximetrías e como sempre, fixo unha xornada amena e interesante.

Aproveitando a mesma visita, Esperanza explicounos de forma clara e amena a necesidade dunha boa alimentación para ter unha boa saúde.
Fixo moito fincapé na necesidade de almorzar ben pola súa influencia no rendemento físico e intelectual, e evitar comer produtos procesados polo seu alto contido en azucre.
Moitas grazas polo seu  bo facer!!!

Aquí quedan algunhas imaxes da xornada:


Atentos ás explicacións

Alba voluntaria para facer a cooximetrìa.....Parabéns!!!



 ... e logo pasamos a Iria.

Turno dos rapaces, o voluntarios deste ano foi Igor

Para rematar tocou falar de alimentación.