miércoles, 29 de abril de 2020

REMATAMOS !!!



.

Un ano máis "AFONSA sen FUME" remata a súa actividade dentro do Plan Proxecta "CLASES SEN FUME".
O máis importante é que todos aprendemos moito sobre o tabaco,e pedimos... que non nos boten o fume!!!
Grazas a todos/as os que fixeron posible  desenvolver o noso Proxecto e parabéns ao noso alumnado que se se implicou e cumpriu os compromisos acadados.
Afonsa sen Fume despídese ata o próximo curso.
Bo verán........ sen fumes!!!!!
"FELICES VACACIOIS

ACTIVIDADES CREATIVAS "CLASES SEN FUME" 2019-2020

                                            ACTIVIDADES CREATIVAS 2019-2020

1º ESO-KAHOOT:QUE SABES DO TABACO?
 Para acceder pincha AQUÍ

2º ESO-VÍDEO: FONTEM SEN FUME.TV.
 Para acceder pincha AQUÍ

martes, 28 de abril de 2020

Cuestionario sobre o tabaco en Kahoot!. Actividade creativa 1º ESO


O alumnado de 1º ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei, dentro do Proxecta Clases sen Fume 19-20, elixiu como actividade creativa  a elaboración dun pequeno test sobre coñecementos sobre o tabaco. Para iso consideraron usar a plataforma Kahoot!. 

Poñémosvos aqui os pasos a seguir para comprobar os vosos coñecementos sobre este tema:

1. O director do xogo (que non vai facer o test) debe pulsar na seguinte ligazón para ir ao Kahoot!



2. No seguinte paso  debe elixir o modo  CLASSIC 



3. A aplicación danos un código numérico. O director debe proporcionar dito código aos partipantes no Kahoot!, para que o introduzan ben na app mobil, ou na propia web (kahoot.it).

Exemplo de código

4. Comeza o concurso!!


Aqui podemos ver algunhas das preguntas:



miércoles, 25 de marzo de 2020

Fontem sen Fume TV -ACTIVIDADE CREATIVA 2º ESO.

O alumnado de 2º de ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei, dentro do Proxecta Clases sen Fume 2019 - 2020, decidiu facer un programa informativo como actividade creativa.

Todo o grupo fixo un gran traballo de investigación para as distintas reportaxes que compoñen este noticieiro.

Debido a suspensión das clases pola crise do coronavirus, os rapaces e rapazas víronse obrigados a tirar de enxeño para a realización das entrevistas, e fixeron un magnífico traballo!!
Esperamos que vos guste o programa!! E quen sabe.... igual facemos outro.....



lunes, 2 de marzo de 2020

viernes, 21 de febrero de 2020

DÍPTICO ANDREA

DÍPTICO DE AITOR

DÍPTICO DE SIXTO

DÍPTICO DE PABLO

DÍPTICO DE MAYRA

DÍPTICO DE MARIO

DÍPTICO MALENA

DÍPTICO DE BRUNO

DÍPTICO DE ALBA

miércoles, 19 de febrero de 2020

DÍPTICOS ALUMNADO 2º ESO



O alumnado de 2º da ESO ,como actividade previa ao traballo da actividade creativa,elaborou dípticos informativos para achegar a información ao persoal docente e non docente do IESP Fontem Albei e ao CEIP Stª María..
Tamén se achegará ao Centro de Saúde,Concello,Biblioteca Municipal,librerías,comercios,bares e restaurantes .
Obxectivo: concienciar á poboación do importante de non entrar no mundo do tabaco e de facelo saber a onde acudir para ter axuda.


miércoles, 15 de enero de 2020

O alumnado de 1º de ESO - A rematou a actividade dos cartaces. Aquí están:

CARTAZ GAÑADOR DE  AULA  HUGO CRUZADO ÁLVAREZ