lunes, 27 de mayo de 2019

Representante de alto nivel

Durante o acto de entrega de premios, a nosa compañeira Gloria Fernández, como portavoz dos titores integrantes no proxecta "Clases sen fume", realizou un chamamento a estender este tipo de cultura saudable como ámbito "prioritario" no sistema educativo.


Tamén tivemos representación por parte do noso alumnado


Galardoados

Este ano resultamos galardoados no certame "Clases sen fume", en concreto gañamos o segundo premio á mellor actividade creativa, un premio que recoñece o noso compromiso e esforzo para loitar contra o tabaquismo.
Grazas ao certame por poñer en valor o traballo do noso alumnado, e a "El Progreso" por unha vez máis facer máis visible o traballo no eido da Educación.
Se queredes ver a noticia só tedes que picar aquí.

Alumnado galardoado



viernes, 10 de mayo de 2019

Actividade creativa 2º E.S.O.

O alumnado de 2º da ESO titorizados por Gloria Fernández Blanco traballou no deseño, creación e posterior montaxe dun vídeo onde se desminten os mitos que hai sobre o tabaco.


As secuencias do vídeo están baseadas en dar informacións comúns sobre o tabaco e logo aportar información real e contrastada que o desminta.


Foi unha experiencia onde se podía ver de forma clara os mitos que hai e que aínda perduran sobre o tabaco. Todo isto co obxectivo de transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de tabaco informándonos ben antes de consumilo.


O alumnado participou na elaboración do vídeo preguntando por mitos entre os consumidores do tabaco e logo buscando información de forma activa que o desmentira.


Para que podades ver o vídeo aquí queda o enlace:

Actividade creativa 1º E.S.O.

O alumnado de 1º da ESO titorizados por Inés Silva Rodríguez traballou na materia de Titorías no deseño, creación e posterior montaxe dun vídeo onde se propón unha alternativa saudable ao tabaco.


As imaxes do vídeo están baseadas en intentar facer menos atractivo e chamativo ao tabaco, intentando escapar do seu consumo en determinadas situacións máis favorables (discoteca, festas, etc). Todo isto co obxectivo de transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de tabaco, substituíndoo por situacións máis saudables.
O alumnado participou na elaboración do vídeo pensando nas situacións que fan máis apetecible ao tabaco co fin de expresar do mellor xeito posible a súa forma de loitar contra o mesmo.


Guiados pola súa titora e coa colaboración do resto do profesorado implicado no Proxecto “Clases sen Fume” foron capaces de crear a actividade, coa que se senten moi satisfeitos e coa que aprenderon, imaxinaron, coordinaron e cooperaron e o máis importante de todo, divertiron.


Desexamos que gostedes dela tanto ou máis do que nós desfrutamos ao facela.