jueves, 18 de mayo de 2017

"Eu paso do tabaco, prefiro ..."


O alumnado de 1º da ESO traballou no deseño, creación e posterior montaxe dun vídeo onde se pon en valor o tempo non malgastado no tabaco.

A maior parte das imaxes do vídeo xogan con distintos ambientes e situacións, creando a sensación de maxia. Todo isto co obxectivo de transmitir a mensaxe de que debemos loitar contra o consumo de tabaco, substituíndoo por situacións máis saudables.

Debemos advertir que non será un vídeo que teña moitos efectos especiais ou protagonistas de recoñecida fama nacional ou mundial pero seguro que ten ese toque de maxia que fará que sexa moito máis doado conseguir un mundo con menos fumes.

Desexamos que gostedes del tanto ou máis do que nós desfrutamos ao facelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario