lunes, 29 de mayo de 2017

XORNADA DE FORMACIÓN


O Martes 9 tivemos a visita da nosa Coordinadora Provincial Esperanza e dun futuro nutricionista Orión, xornada moi amena onde aprendemos os efectos perxudiciais do tabaco e a repercusión que exerce sobre as persoas e a súa saúde.

Para comezar as xornadas fixemos cooximetrías, son probas que serven para detectar a pérdida na capacidade de oxixenación da hemoglobina mediante o nivel de monóxido de carbono (CO) no aire espirado.

Logo falamos de nutrición con Orión, que nos explicou de forma clara e amena a necesidade dunha boa alimentación para que o noso organismo funcione ben. Fixo moito fincapé na necesidade de almorzar ben e evitar comer produtos procesados polo seu alto contido en azucre.

Moitas grazas os dous !!!
 IMG-20170518-WA0005.jpg  
Atentos ás explicacións

IMG-20170518-WA0008.jpg
 Comezan as cooximetrías, a primeira é Anaís e logo pasaremos a Ana.
 IMG-20170518-WA0009.jpg

Turno dos rapaces, os voluntarios deste ano foron Brais, Manuel e Íker IMG-20170518-WA0012.jpg
 IMG-20170518-WA0010.jpg
IMG-20170518-WA0011.jpg

Tocou falar de alimentación. Coidado co azucre!!!IMG-20170518-WA0006.jpg








No hay comentarios:

Publicar un comentario